lunes, 14 de marzo de 2016

-Curiosidades e información sobre o ALCE-



-Nome científico: Alces alces

-Orden:Artiodactyla

-Clase:Mamíferos

-Información:O alce e un mamífero da familia dos cervos e o mais grande da familia. O seu pelaxe normalmente e marrón escuro ou claro, aunquéeen algúns, por mutación poden ser brancos ou negros. E un animal moi grande, a súa altura pode ser de ata 2,15 m, mais que alto para un cervo non? Un peso de ata 450 kg tamén e bastante para un cervo. A súa esperanza de vida é de aproximadamente dos 20 ata os 25 anos.
Ademais, notase moito a diferencia entre machos e femias. Os machos teñen astas moi grandes mentres cas femias non teñen, tamén, os machos teñen moita pel colgando da papada. O seu hábitat é frío, Alaska, Canadá, e o norte de E.E.U.U son os lugares de América onde podes ver a este peculiar animal. Siberia, o norte de Alemaña, o norte de Austria, Rusia, en poucas palabras no norte de Europa tamén podes avistalo. Aunque foi introducido en Nueva Zelanda, fai bastantes ano, non se ven moitos.
No verán os alces viven sós ou en grupos familiares; no inverno fan rabaños de 10 ou 11 exemplares. Os alces sempre quédanse no seu territorio, menos cando migran por causas naturais a outro lugar. Os alces nadan moi ben, e grazas a iso poden comer os nenúfares dos ríos e lagoas, xa que son herbívoros. Algo impresionante e que poden comer ata 20 kg de forraxe.
Falando doutro tema, a súa reprodución é dende setembro ata novembro, onde ambos sexos fan sons nasais moi desagradables para atraer ao sexo contrario. A súa xestación é de 250 días.

-Curiosidades: E o animal coa cornamenta mais grande do reino animal, xa que dunha punta a outra mide 3,5 m, se a puxéramos de pé serian mais altas co propio animal.
Outra curiosidade é que o alce é moi torpe, cando quere atacar normalmente non ataca a quen quere, sempre se bate contra árbores, postes eléctricos, mesas de camping,... e poden chegar a meterse nas rúas, poñendo en perigo a súa vida.


No hay comentarios:

Publicar un comentario